CRTVG

Buscar

Viaxar por estrada levará máis tempo e custará máis cartos no ano 2019

Publicado o 02/01/2019 17:35

2019 reclama máis tempo e máis cartos para viaxar por estrada. O tempo para os que utilizan a rede secuntaria. A velocidade máxima permitida é agora de 90 quilómetros por hora, 80 para camións, autobuses e autocaravanas. O Goberno rebaixa 10 quilómetros a velocidade máxima como medida para mellorar a seguridade viaria.

Os sinais estarán todos cambiados antes de que remate o mes. Nas autoestradas de peaxe, máis cartos. Sobe a AP-9 un 3,51 por cento, dous puntos máis que a media da rede española.

Ningunha outra autoestrada sobe tanto coma a AP-9. Os transportistas din que é insostible. Tamén soben as peaxes da autoestrada Santiago-Dozón, o equivalente ao IPC, e a AG-55 entre A Coruña e Carballo e a AG-57 entre Vigo e Baiona un 2,15 por cento.

Á suba da AP-9 referiuse o vicepresidente da Xunta. Alfonso Rueda insta ao Goberno central a que, ao igual que está facendo noutras vías, negocie coa concesionaria da autoestrada a aplicación de descontos. E apunta que, cando a Xunta consiga a titularidade, meterá presión para que haxa bonificacións.

Noticias web

02/01/2019