CRTVG

Buscar

Viana do Bolo, o foco con máis casos activos en Ourense

Publicado o 22/08/2020 16:14

Aumentan os casos activos na área sanitaria de Ourense, son 16 máis ca onte, con 195 casos en total. Deles hai 5 persoas ingresadas en planta e dúas en unidades de coidados intensivos. Son 16 os gromos activos, están dispersos, polo que non desbotan que haxa transmisión comunitaria. O que máis casos activos ten a día de hoxe é o de Viana do Bolo. Como medida preventiva, Sanidade mantén restrinxidas as visitas en varias residencias da contorna. Un traballador deu hoxe positivo na residencia de discapacitados As Flores de Ourense. 

Noticias web

22/08/2020