CRTVG

Buscar

VI Mostra do Entroido de Lamas de Abade: os alumnos traballan sobre as máscaras de Verín e da Ulla

Publicado o 22/02/2019 13:32

O Entroido xa está aí, e se hai alguén que o goza ao grande, eses son os máis pequenos. Hoxe quixemos estar nun colexio onde alumnos e profesores dedican toda a xornada a coñecer entroidos clásicos e vivilos do mellor xeito posible.

Estamos na VI Mostra do Entroido de Lamas de Abade. Nela participan seis centros educativos.
Profesores, alumnos e pais celebran o Entroido. Os máis pequenos coñecen os entroidos de Verín e da Ulla.

A xornada remata cunha degustación gastronómica tradicional.

Noticias web

22/02/2019