Veterinarios e científicos alertan dos problemas de domesticar animais exóticos
Hoxe celébrase o Día do Can. Levan connosco, din os investigadores, máis de trinta mil anos. Pero aos humanos gústanos facer amigos novos... e canto máis raros e exóticos parece que máis nos atraen. Domesticar unha serpe, un felino, un porco vietnamita... e ata un oso formigueiro, coma este que levaba Dalí, pode parecernos o súmmum da extravagancia. Pero en realidade fainos cómplices dun dos mercados ilegais máis potentes do mundo. Animais que non deberían estar en ningunha casa, segundo o veterinario Octavio Villazala.
Un equipo de cientificos de trece países diferentes alertan do impacto que pode ter introducir especies exóticas nunha contorna allea, entre eles as zoonoses. Un termo novo que aprendemos coa pandemia do coronavirus.
Para evitar riscos o Goberno está traballando na elaboración dunha listaxe que limitará que tipo de animais podermos ter na casa.
E a ética dinos que nos precisan máis animais coma Loiro, por exemplo, que no Día do Can, buscan dono