CRTVG

Buscar

Os veciños de Suevos denuncian a existencia dun vertedoiro incontrolado

Publicado o 06/03/2019 14:48

Os veciños de Suevos, no concello coruñés de Arteixo, denuncian a existencia dun vertedoiro incontrolado nunha pista da parroquia frecuentada por ciclistas e viandantes. A zona acumula todo tipo de residuos, algúns deles mesmo provocaron, segundo aseguran, a intoxicación de animais.

Este é o estado en que se atopa unha pista de Suevos que adoita ser frecuentada por ciclistas e viandantes que estenden o paseo marítimo da Coruña ata esta contorna natural. Nela amoréase todo tipo de refugallos, restos de obras e mesmo eletrodomésticos que deixan a pista impracticable.

Os veciños xa denunciaron a existencia deste vertedoiro no concello e aseguran que limparon a zona en varias ocasións. Agora está preocupados pola aparición duns sacos cun produto de cor amarela que puideron intoxicar animais. Piden máis vixilancia na zona para evitar que se poidan producir incidencias graves.

Desde o Concello din que é unha zona limítrofe coa Coruña e que se está intentando sancionar os responsables das verteduras. Mentres, desenvólvense limpezas periódicas da contorna.

Noticias web

06/03/2019