CRTVG

Buscar

Verónica Romero: "Hai que conservar os xeos, deles depende a nosa natureza"

Publicado o 21/03/2019 12:05

A deportista Verónica Romero (Mos, 1975), acabada de chegar do lago Baikal, reflexiona no Bos días sobre a importancia dos espazos xeados no planeta para manter o equilibrio do medio natural.

Verónica, xunto con Chus Lago, toma parte no proxecto Compromiso pola Terra, o reto de percorrer 1.500 quilómetros camiñando polo xeo. Ata o de agora, ademais do lago Baikal, tamén afrontaron expedicións en Laponia no 2016 e na illa de Baffin, no Canadá, en 2017.

Nestas viaxes comprobaron como a extensión do xeo vai diminuíndo tanto na superficie como no tempo en que estas áreas permanecen xeadas.

Na última destas expedicións, en Siberia, tiveron que afrontar temperaturas de arredor de 30 graos baixo cero, pero que chegaron a ser de -42º, nunhas condicións de dureza en que incluso os materiais non aguataban, pero ao mesmo tempo tamén relata a emotividade do que foi a chegada o último día e completar a expedición.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019