Vero Boquete regresa ao fútbol estadounidense co Utah Royals
Publicado o 04/03/2019 19:55
Vero Boquete xa está nos Estados Unidos. Acaba de incorporarse ao club ao que vai pertencer os próximos meses, o Utah Royals. Aquí a vemos inspeccionando as instalacións onde se vai adestrar. Vero Boquete regresa aos Estados Unidos despois de triunfar en Francia, Suecia, Rusia, Alemaña e A China. Sen dúbida, é a futbolista máis internacional que deu o noso país.