CRTVG

Buscar

Vero Boquete deixa o PSG e marcha ao Beijing chinés

Publicado o 07/02/2018 10:09

E Vero Boquete inicia outra aventura. Con trinta anos vaise ao fútbol chinés.

Deixa o París Saint-Germain e ficha polo Beijing. Sétimo país onde vai xogar a mellor futbolista galega de todos os tempos.

A nivel profesional comezou en Zaragoza, pasou polo Español, foise aos Estados Unidos, Chicago e Philadelfia, estivo en Rusia, en Suecia, volveu aos Estados Unidos, xogou en Alemaña en Frankfurt e no Bayern de Múnic. E agora estaba en Francia.A partir de hoxe na China. Así é a vida de Vero Boquete. Un carrusel de experiencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2018