Verino aposta polo contacto directo co cliente na presentación na Semana da Moda de Madrid
Publicado o 27/01/2020 15:40
Sen desfile nin pasarela e no centro histórico de Madrid, cun formato diferente, máis próximo, en que os clientes poden reservar nunha plataforma en liña os modelos que lle interesan. Así presenta Verino a súa colección Legado 20 na primeira xornada da semana da moda de Madrid.
O ourensán aposta por pezas de roupa atemporais adaptadas aos novos tempos, para un fondo de armario de calidade e sen artificios.
O xoves chegará a quenda do betanceiro Jorge Vázquez que debuta na pasarela madrileña á fronte da firma Pertegaz.