CRTVG

Buscar

Verín supera os 1.200 casos por cada cen mil habitantes

Publicado o 21/01/2021 14:37

Con 173 casos activos Verín duplica o pico máis alto ata a data: os 92 casos que se rexistraran en outubro.

Diego Lourenzo Moura, alcalde en funcións de Verín: "Non tiñamos chegado a este número nin na primeira nin na segunda. Son datos verdadeiramente preocupantes".

Medio cento de casos son nunha residencia de maiores. Ademais hai gromos nos concellos dos arredores, o que estende a preocupación do Sergas ao conxunto da comarca pola presión hospitalaria.

Félix Ruibal, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco: "Cunha alta presión xa no hospital, con 15 hospitalizados nestes momentos, e que pensamos que os próximos días vai aumentar".

A fatiga é estado de ánimo predominante entre a poboación e os autónomos, a hostalaría en concreto e o pequeno comercio en xeral.

Luis Arbolí, comerciante: "Buscas mercadoría, traes mercadoría, vén outra vez a parada, non sabes que cousas traer...".

Marcos Domínguez, hostaleiro: "Antes tiñamos moitas gañas, pero cada vez hai menos, menos esperanza de que isto arranque a favor noso...".

Fatiga e precupación, porque a curva segue en ascenso.

"Xúntaste con calquera e, sen darte conta, xa está". "Pero a ver se imos escapando desta", comentan dúas veciñas.

Tamén se disparou a incidencia acumulada en Poio, que se achega aos mil cincocentos casos por cada cen mil habitantes.

Noticias web

21/01/2021