CRTVG

Buscar

Verdades e mentiras dos falsos mitos alimentarios para facer unha dieta sa

Publicado o 27/01/2019 21:26

Un 54 por cento da poboación adulta española ten exceso de peso, un problema vinculado ao incremento da diabetes tipo 2, das doenzas cardiovasculares e dalgúns tipos de cancro. O divulgador científico Miguel Ángel Lurueña estivo en Santiago propoñendo unha reflexión sobre a calidade nutricional dos alimentos que comemos.

O almorzo é a comida máis importante. Falso. Debemos inxerir alimentos cinco veces ao día. Falso. O xamón cocido é saudable. Falso tamén. Estes son algúns dos mitos alimentarios que Miguel Ángel Lurueña desmonta nos seus relatorios. Crenzas sen base científica sobre o que debe ser unha boa dieta.

Recomenda evitar o exceso de sal, os azucres engadidos, as fariñas refinadas e as graxas de mala calidade. Subtancias que se atopan en alimentos ultraprocesados: friames, embutidos, bebidas refrescantes, galletas, bolos industriais ou lácteos edulcorados.

Propón respectar o apetito de cada quen e comer cando se ten fame; sempre que sexan produtos de calidade nutricional. Á hora de facer a compra, buscar información profesional para non caer nas redes da publicidade e dos falsos dogmas.

Noticias web

27/01/2019