CRTVG

Buscar

Verán atípico tamén para os guías turísticos de Galicia

Publicado o 01/07/2020 14:19

Os guías turísticos afrontan con preocupación o comezo desta tempada de verán. Esta mañá houbo concentracións en cidades de toda España para simbolizar o comezo oficial dunha campaña de verán atrasada pola pandemia e que se prevé difícil para eles.

Este verán vai ser atípico tamén para para os guías turísticos de toda Galicia. A tempada que comezaba habitualmente parxa eles na Semana Santa atrasouse ata hoxe por mor da pandemia.

Haberá, din, moitos menos turistas, e o turismo será tamén diferente. Os guías confían en que o turismo galego poida suplir a falta de turistas estranxeiros e mesmo nacionais.

Os guías turísticos concentráronse esta mañá en cidades de toda España para visibilizar o comezo desta tempada de verán curta e complicada.

 

Noticias web

01/07/2020