Ver o cine desde o coche é unha alternativa para gozar das películas en pantalla grande sen temor aos contaxios
Publicado o 15/11/2020 20:32
AUTOCINE SARRIA
É outra forma de gozar do cinema. A proxección faise nunha pantalla de vinte e catro metros cadrados, pero a película contémplase desde o coche, sen interacción co resto de espectadores. É a fórmula ideada para gozar do espectáculo en tempos de restricións.
O impulsor deste autocine reciclou o material que utilizaba para as retransmisións de eventos deportivos nunha iniciativa que contou coa acollida do público.
Un entretemento seguro que lembra unha estampa típica dos anos sesenta en Norteamérica, pero adaptada aos tempos de hoxe.