Ventilar moito, vital para previr os contaxios da Covid-19 en locais públicos
As empresas de mantemento de sistemas de ventilación non paran estes días. Manter a calidade do aire nos espazos de uso público é vital para evitar contaxios da COVID-19. A guía que publicou o Goberno recomenda equipos de climatización cun bo caudal de aire e con filtros que purifiquen o ambiente.
Alberto Villaverde Balsa: Alviclima Servizos Integrais. "Son uns filtros que por medio de descargas eléctricas producen ións positivos que se pegan ás paredes das bacterias e as eliminan, despois pasan a outro filtro de ións negativos e as bacterias máis grandes que pasaran o primeiro péganse a elas e caen polo peso ao chan e cunha boa limpeza eliminariamos o xerme".
A guía recomenda tamén manter abertas portas ou ventás para asegurar a máxima ventilación natural.
Alberto Villaverde Balsa. Alviclima Servizos Integrais: "Necesitamos boa ventilación e renovar tres ou catro veces o aire do local".
E no caso de haxa alguén contaxiado no local recoméndase ventilar durante catro horas antes de entrar a limpalo.