CRTVG

Buscar

Venezuela ten a taxa máis alta de fame da América Latina, segundo os datos da FAO

Publicado o 08/11/2018 08:44

A fame aumentou na América Latina e O Caribe durante o último ano, e por terceiro consecutivo, ata converterse nun problema que afecta máis de 39 millóns de persoas. Así se recolle no último informe da FAO, que mostra unha especial preocupación por Venezuela, o país cos datos máis altos de desnutrición. Segundo a Organización para a Alimentación e a Agricultura, entre 2014 e 2017 os novos famentos aumentaron en Venezuela en 600.000. Superan os tres millóns e medio de persoas, preto do 12 por cento da poboación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018