CRTVG

Buscar

Venezuela libera o deputado opositor Gilber Caro

Publicado o 18/06/2019 08:19
Venezuela libera o deputado opositor Gilber Caro

O Goberno de Nicolás Maduro deixou en liberdade o deputado opositor Gilber Caro este luns. A nova difundiuna o chamado Grupo de Boston, formado por parlamentarios venezolanos, dos que catro acudiron recibilo tras a liberación. Posteriormente, confirmouna o seu partido, Voluntad Popular, o mesmo ao que pertence o líder da oposición, Juan Guaidó.

A liberación de Caro producíase dous días antes de que a alta comisionada de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, inicie unha visita oficial a Venezuela.

Noticias web

18/06/2019