CRTVG

Buscar

Venezuela emite billetes dun millón de bolívares

Publicado o 08/03/2021 20:27
Venezuela emite billetes dun millón de bolívares

A suba dos prezos segue fóra de control en Venezuela. Tanto é así que o goberno de Nicolás Maduro acaba de emitir un novo billete dun millón de bolívares. É o único xeito de facer manexable unha moeda que perde valor a pasos axigantados. A pesar da súa denominacion, o novo billete equivale a pouco máis de 40 céntimos de euro. Cun millón de bolívares non se pode comprar sequera un quilo de fariña.

Noticias web

08/03/2021