CRTVG

Buscar

Venezuela denuncia os EUA na Haia por crimes de lesa humanidade polas súas sancións

Publicado o 13/02/2020 17:20
Venezuela denuncia os EUA na Haia por crimes de lesa humanidade polas súas sancións

O ministro de Exteriores de Venezuela, Jorge Arreaza, denunciou este xoves os Estados Unidos ante a Corte Penal Internacional (CPI) por crimes de lesa humanidade debido ás sancións económicas impostas ao seu país. O documento entregado na corte "é un feito histórico" e "ten datos estatísticos e feitos" que reflicten os efectos das sancións na poboación venezolana, dixo o ministro nunha conferencia de prensa celebrada na Haia, cidade que acolle o tribunal internacional

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí