CRTVG

Buscar

Venezuela acusa a España de organizar a fuxida de Leopoldo López

Publicado o 26/10/2020 08:34

Leopoldo López chegou este domingo a España. Tras aterrar en Madrid puido reunirse cos seus pais , a súa muller e os seus tres fillos. López saíu de Venezuela o vernes pasado, tras abandonar a residencia do embaixador español en Caracas, onde permanecía como hóspede desde o 30 de abril de 2019, despois de participar nun levantamento militar frustrado.    

O Goberno venezolano acusou a España de ser cómplice da marcha do opositor Leopoldo López.O Ministerio de Asuntos Exteriores venezolano acusa o embaixador en Caracas de organizar a fuxida de Lopez, que xa está en España canda a súa familia. López buscara refuxio na Embaixada de España o pasado 30 de abril do 2019, logo dun frustrado alzamento militar contra Maduro.

Noticias web

26/10/2020

Máis sobre actualidade