CRTVG

Buscar

Venecia sofre unha das súas peores inundacións en varias décadas

Publicado o 13/11/2019 08:33

Máis do 75% de Venecia asolagouse polo fenómeno da acqua alta. Trátase dun fenómeno ao que os venecianos están afeitos e que se repite varias veces ao longo do ano. Só que esta vez foi especialmente forte. A auga subiu 187 centímetros nunha das peores inundacións desde 1966. 

O aumento da intensidade do vento e un movemento de masas de auga do Adriático cara ao norte provocan estas inundacións, para as que a cidade sempre ten previstas algunhas medidas paliativas para intentar minimizar o seu efecto e que os veciños poidan facer vida normal. 

Noticias web

13/11/2019