CRTVG

Buscar

Vendidos nas Rías Baixas varios décimos do primeiro premio da lotaría nacional

Publicado o 02/02/2020 10:53
Vendidos nas Rías Baixas varios décimos do primeiro premio da lotaría nacional

A sorte recalou este sábado en Galicia, O primeiro premio da Lotaría Nacional, o 84.390 foi parar á Guarda, O Porriño e O Grove. Son 60 mil euros ao décimo, aínda que polo momento non é posible calcular a canto ascende o montante final. Os décimos foron vendidos por máquina e haberá que agardar ao luns para saber cantos se repartiron. 

Si sabemos que na administración do Grove venderon o décimo premiado ademais cos 600 mil euros á serie. Pero non queda aí a cousa, porque unha parte do segundo premio deste sorteo, viaxou tamén para Galicia. Neste caso a Ribadavia.