CRTVG

Buscar

Vendida en Vigo unha quiniela millonaria

Publicado o 26/02/2019 12:55

En Vigo é coñecida como "a cero" a administración de lotaría onde a quiniela deixou a pasada xornada máis dun millón de euros. Foi un pleno ao quince e un dos premios máis grandes que se recordan na historia desta aposta deportiva en Galicia.

Unha quiniela deixou en Vigo un premio de 1,15 millóns de euros, un dos maiores desta aposta deportiva en Galicia. Polo de agora decoñécese quen é o afortunado ou afortunada que acertou todos os resultados da última xornada. Porén os propietarios da administración pensan que se trata dun cliente habitual.

E máis feliz aínda estará o afortunado ou afortunada que levou o premio. Nesta administración aseguran que baixou o número de clientes que fai quinielas, aínda así será difícil saber de quen se trata. Porén pensan que podería ser un cliente habitual.

Os clientes da administración especulaban hoxe coa identidade do agraciado. Laiábanse de non ser os afortunados e imaxinaban que farían con máis dun millón de euros nos petos.

E como o diñeiro chama ao diñeiro, máis clientes achegábanse hoxe a esta administración a facer as súas apostas. Un establecemento que xa repartiu outros premios importantes na lotaría nacional, na primitiva ou no euromillón.

 

Noticias web

26/02/2019