CRTVG

Buscar

Vendían para consumo humano carne destinada aos animais do zoo de Vigo

Publicado o 06/12/2019 16:44

A Garda Civil desmantelaba en 2017 unha trama dedicada á venda de carne ilegal de cabalo para consumo humano, unha operación na que foran detidas 65 pesoas entre gandeiros, empresarios cárnicos e veterinarios. As grabacións xudiciais, que publica hoxe o xornal El Pais, confirman que a trama vendeu carne de cabalos enfermos e sen control sanitario algún como se fose carne de tenreira.

A carne, que saía do matadoiro municipal de Toreno, en León, tiña como destino o zoo de Vigo, pero os membros da rede desviarona para introducila no mercado. A investigación tamén acreditou que se destinaou a consumo humano carne de cabalos mortos. Segundo a Garda Civil, os beneficios da trama ascenderon a 20 millóns de euros. O seu presunto máximo responsable é Jan Fasen, un cidadán holandés de 68 anos, coñecido como o emperador da carne de cabalo. Fasen foi detido novamente este verán en Alacante logo dunha reclamación de Francia, onde o condenaron a dous anos de cadea por venda ilegal de carne de equino.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019