CRTVG

Buscar

Véndese en Silleda un boi por case 7.000 euros

Publicado o 28/01/2020 18:04
Véndese en Silleda un boi por case 7.000 euros

Hoxe rexistrouse un récord histórico para a poxa de gando vacún da Central Agropecuaria de Galicia. Ás once da mañá vendeuse en Silleda un boi de raza rubia galega por un valor de 6.781 euros.

O animal procede da parroquia de Cira e foi mercado por Frigoríficos Bandeira. Antes de chegar aos cinco anos de idade xa lle arrebatou o posto ao seu predecesor. O récord histórico desta categoría na poxa de Silleda tíñao outro boi da mesma raza polo que se pagaron 6.006 euros no 2015.