CRTVG

Buscar

Véndense as últimas centolas antes do inicio da veda este venres

Publicado o 27/06/2019 21:46

Arredor de 6 euros o quilo. Esa baixa cotización foi a que se pagou hoxe na lonxa de Burela polos derradeiros exemplares de centola que se poden capturar antes de que mañá comece a veda, que durará ata novembro.

O baixo prezo débese ao escaso tamaño dos animais, que non acabaron de criar. Malia seren un dos mariscos máis cotizados, os turistas que se achegan ás costas galegas no verán terán que optar por outros peixes e mariscos non menos saborosos que a centola, como é o caso destes peixes acabados de coller.

Dende novembro pasado ata estes últimos días descargáronse nas lonxas galegas preto de cincocentas toneladas de centola que supuxeron un volume de negocio de 4 millóns e medio de euros. A veda para os vindeiros meses establécese para todas as embarcacións e técnicas de captura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019