Venden en Narón un boleto de lotaría dun millón de euros
Publicado o 24/09/2020 15:41
A chuvia de cartos chegou a Narón, concretamente ao barrio de Freixeiro.
Esta mañá eran moitos os que se achegaban ata este bar onde se selou o boleto premiado para comprobar se algún era o millonario.
Polo momento descoñécese a súa identidade, pero José Peña, propietario do bar en que se selou o boleto, cre que se trata dalguén do barrio e que nin sequera o sabe.
Tras coñecer a noticia, moitos xa pensaban en que facer con todos eses cartos. E é que soñar non custa diñeiro... ou pouco. Ao novo millonario, só 2 euros e medio.