Vende palloza en Piornedo por non poder manter o teito de palla
Publicado o 20/10/2021 20:57
Unha das paisaxes senlleiras de Galicia é a dos Ancares, terra de pallozas. Unha delas precisamente está a venda por 200.000 euros porque o seu propietario non pode mantela,
Ernesto lembra emocionado como era o seu fogar en Piornedo cando era cativo. Un fogar moi particular. É unha palloza de 300 metros cadrados que agora pon a venda, con moita dor, porque non pode facer fronte á reparación do tellado de palla.
Bota en falta axudas para manter estas edificacións prerromanas senlleiras. A súa non é a única palloza con problemas neste lugar dos Ancares, cuns vinte veciños, que cada vez conta con máis turistas.