CRTVG

Buscar

Hórreos á venda na Rede: é ilegal trasladalos sen permiso

Publicado o 06/11/2019 20:26

En Galicia hai uns 30.000 hórreos, segundo a Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego, o 90% deles son BIC por seren construídos antes de 1901. Pero malia estaren protexidos por patrimonio véndense na Rede de xeito irregular.

Calculan que máis dun milleiro de canastros foron trasladados de xeito ilegal, algún case regalados, outros pagaron ata 10.000 euros. A isto hai que sumarlle a perda de moitos hórreos polo abandono.
Trasladar un hórreo pode supoñer sancións de ata 150.000 euros.

Noticias web

06/11/2019