CRTVG

Buscar

Á venda en San Martiño Pinario os mellores doces dos conventos de toda España

Publicado o 06/12/2018 13:19

Doces elaborados en diferentes mosteiros e que son unha sobremesa idónea para as festas que veñen. Así se presenta o mercado de xemas, polvoróns, turróns, mazapáns e outras delicias que desde hoxe se poden mercar na Hospedería de San Martiño Pinario. A calidade das cociñas monacais xunto a receitas ancestrais fan destes produtos un reclamo que poucas veces se pode ter xunto e con tanta variedade.

Medio cento de especialidades feitas en conventos e mosteiros da Rioxa ou de Sevilla xunto a produtos do noso territorio cunha calidade que se amosa como selo de identidade. E xunto aos doces, tamén serán protagonistas os viños e espumosos galegos, que se van sumar estes días á venda das tradicionais máis doces de Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018