CRTVG

Buscar

Á venda en ARCO un 'ninot' do rei que deberá queimar quen o compre

Publicado o 26/02/2019 21:04

Volve a polémica á Feira de Arte Contemporánea, nesta edición á conta dunha escultura do rei Filipe VI. Trátase dun 'ninot' de catro metros e medio de altura. Custa 200.000 euros e quen o merque comprométese por contrato a queimalo este ano nun lugar privado e legal.

É unha obra de Eugenio Merino e de Santiago Sierra, este último autor da obra titulada Presos políticos na España contemporánea, que o ano pasado foi retirada de ARCO, tras unha forte polémica.

Noticias web

26/02/2019