CRTVG

Buscar

A venda de Barreras podería pecharse nas próximas horas

Publicado o 10/10/2019 08:27

Segundo diversas informacións, esta semana podería pecharse o acordo de venda do estaleiro a Oaktree, empresa de capital risco estadounidense.

En marcha auditorías e reunións decisivas entre Oaktree e Pemex, máximo accionista de Barreras. O presidente destituído refúxiase no silencio.

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, dixo ese xoves no Bos Días "que están participando nas conversas para conseguir unha solución global para o estaleiro". Mallón dixo que a toda a industria auxiliar está implicada nesas solucións que ademais permitan rematar as encargas que ten Barreras, e recoñeceu contactos co investidor e posible novo propietario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019