CRTVG

Buscar

Vén desde Logroño, falsifica un documento e cólleno por unha falta de ortografía

Publicado o 02/04/2021 15:07


Fíxense na seguinte historia: a dun home ao que pillou a policía local por unha falta de ortografía.
El viña de Logroño e pretendía pasar en Galicia toda a Semana Santa. Cando o pararon dixo que ía facer unha peritaxe nunha empresa náutica de Sanxenxo e entregou unha declaración responsable do suposto empresario. Pero cando os axentes comprobaron o documento viron que aparecía mal escrito o nome do concello. Poñía Sanxenso, con S. Contactaron co empresario, que dixo que el non firmara nada. O home de Logroño, foi expulsado da nosa comunidade.

 

Noticias web

02/04/2021