CRTVG

Buscar

Veloso perde o liderado en Portugal

Publicado o 09/08/2019 16:32
Veloso perde o liderado en Portugal

Na etapa con final da serra do Larouco en Montalegre Veloso acusou a caída do día anterior e cedeu na derradeira subida. Non é unha traxedia. Atacou o portugués Joni Brandao nese ascenso e converteuse no líder da proba.

Veloso sufriu, correu con dores e alcanzou a meta estenuado. Na xeral está a quince segundos de Brandão. Quedan tres etapas, hoxe en Felgueiras, mañá na Graça e o domingo a crono do Porto.

En Montalegre venceu o luso Luis Gomes, o mellor da fuga do día.

Noticias web

09/08/2019