CRTVG

Buscar

Veloso mantén o liderado en Portugal

Publicado o 05/08/2019 16:43
Veloso mantén o liderado en Portugal

Disputouse a cuarta etapa con final na serra da Estrela, na Torre. E aí tanto Veloso como o seu equipo mostraron o poderío.

Fixeron a selección que optou ao triunfo parcial. O compañeiro de Veloso, o portugués João Rodrigues, gañou ao esprinte co apoio do ciclista galego que loce a camisola amarela despois desta primeira etapa de alta montaña en que ocupou a segunda praza.

Aínda queda a subida a Nossa Senhora da Graça e a crono final no Porto.

Noticias web

05/08/2019