CRTVG

Buscar

Veloso acaba terceiro en Portugal, onde gaña o seu compañeiro João Rodrigues

Publicado o 12/08/2019 16:34


Na Volta a Portugal o vilagarcían Gustavo Cesar Veloso remata na terceira posición e gaña o seu compañeiro João Rodrigues.

Na ultima etapa a crono do Porto comezou co tempo igualado entre Joni Brandao e Joao Rodrigues e con Veloso a corenta segundos. Ao final foi un man a man entre os dous corredores lusos. E gañou João Rodrigues, vinta e cinco anos, natural de Tavira. Gañou a crono, desfixo a igualada, a adxudicouse a Volta a Portugal 2019.

A caída en Braganza condiciounou as ultimas etapas de Veloso. Con todo o seu equipo repite na grandísima. E el finaliza no podio a punto de facer trinta e nove anos.

Noticias web

12/08/2019