Velan en Sanxenxo o veciño que morreu en Fuerteventura tras rescatar unha muller
Publicado o 19/04/2019 15:45

Desde esta mañá o corpo de Arturo Fontán, o veciño de Sanxenxo que faleceu en Fuerteventura cando se tirou ao mar a rescatar unha muller, será velado no tanatoro do Vinquiño Arturo de 38 anos vai ser soterrado o sábado pola tarde. Faleceu sendo un heroe.
Era afeccionado á pesca, estaba mirando nas rochas como estaba o mar e viu unha persoa en apuros. Non dubidou nin un segundo e botouse á auga para salvala. Rescatouna pero el perdeu a vida.