CRTVG

Buscar

Vehículos de baixas emisións e non contaminantes enchen as rúas da Coruña

Publicado o 20/09/2019 21:32

Na Coruña circulan a diario 200.000 coches. Aparcados formarían unha ringleira de 400 quilómetros, a distancia entre esta cidade galega e Valladolid. En horas punta xeran atascos, ruido..., en definitiva, contaminación.

Xunto ao transporte público outras fórmulas de mobilidade sustentable está nas bicis, patinetes e nos coches híbridos ou eléctricos aos que na Coruña tamén se suma o sector do taxi.

A Semana Europea da Mobilidade trae ata o sábado á Coruña vehículos de baixas emisións ou non contaminantes.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019