CRTVG

Buscar

Veciños do parque de Santa Margarida, na Coruña, piden que poden as árbores

Publicado o 13/06/2018 14:16

Estoutras casas tamén están ameazadas, pero neste caso polas pólas das árbores, que case lles rozan as fiestras, e polas raíces, que xa levantan o chan do patio. A xente que vive ao carón do parque de Santa Margarida, na Coruña, levan un ano denunciando.

Así están as árbores do parque de Santa Margarida. Algunhas delas mesmo superan os trinta metros de altura e sobresaen por riba dos edificios que están na contorna.

Tanto que case nin poden abrir as ventás. 

Pero amais de todas estas molestias que sofren, Carmen e José Antonio ven como tamén lles están a afectar na súa propiedade.

Xa presentaron varios escritos no Concello, pero din que non lles achegaron solucións.

Din que o único que queren é que recorten as pólas das arbores e que coiden, como se merece este parque, xa que é un dos principais pulmóns verdes da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018