CRTVG

Buscar

Veciños e comuneiros colaboran para deixar limpa Vilanova dos Infantes

Publicado o 08/04/2021 21:36

Este é o resultado das primeiras xornadas de traballo dos comuneiros e veciños de Vilanova dos Infantes. Debaixo destes canastros din que sacaron varios remolques de lixo e entullos.

Tamén están retirando o lixo que atopan nas zonas verdes.

Ante a falta de mantemento por parte do Concello de Celanova, decidiron poñerse mans á obra, cortar a maleza e limpar. Agora queren recuperar tamén este espazo do antigo lavadoiro, para iso contarán coa axuda municipal.

Xúntanse, sobre todo as fins de semana, pero todos colaboran no que poden.Queren deixar a súa vila medieval limpa e coidada para os veciños e os visitantes do agora e tamén para as xeracións futuras.

Noticias web

08/04/2021