CRTVG

Buscar

Veciños dunha rúa de Santiago rebélanse contra a prohibición de estacionamento na zona

Publicado o 14/05/2019 14:29

Os habitantes das oito vivendas que conforman a histórica vía medieval da Calzada de Sar teñen prohibido aparcar nesa rúa e só poderán parar nela un máximo de 15 minutos con tarxetas de paso e parada. Unha normativa que, segundo contan, chegou a eles a través dunha rede social en forma de comunicado do concello, e que descoñecían. Contan que, debido a isto, algún xa foi multado recentemente.

Dende finais do ano pasado, un sinal advertía de que a rúa era peonil, pero desapareceu onte, segundo din. Os veciños levaron a cabo xa varias accións de protesta, a última, unha pancarta sobre a ponte de Sar. Quéixanse tamén do mal estado da rúa e da falta de resposta por parte do Concello.

Dende o Concello, aseguran que hai máis de 10 anos que esa vía é peonil, e tamén que os veciños poden solicitar a tarxeta de residentes para a zona de Sar. Falan xa, de feito, de cinco tarxetas verdes concedidas e 9 tarxetas solicitadas de paso e parada, a única opción que o Concello ve factible para que entren vehículos na calzada de Sar.

Noticias web

14/05/2019