CRTVG

Buscar

Veciños dunha rúa de Pontevedra denuncian deficiencias urbanísticas

Publicado o 01/11/2019 10:58

O edificio número dezasete da rúa Pintor Manuel Colmeiro queda illado do resto da rúa que leva o seu nome pola situación dunha propiedade particular que no momento da construción do edificio non ía estar aí.

Os veciños da zona reclaman a conexión do tramo da súa rúa co resto do vial Pintor Manuel Colmeiro, que a día de hoxe segue sen estar incluído no Plan Urbanístico municipal.

Entre as deficiencias que denuncian os residentes están tamén o escaso alumeado e o esatado de abandono dunha propiedade particular lindeira cuxas árbores invaden a estrada amais da sucidade da zona, que chega a ser un foco de ratas.

A maior preocupación dos veciños reside en que no momento que se produza unha urxencia os servizos médicos non cheguen a tempo por non aotopar esta parte da rúa Pintor Manuel Colmeiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019