CRTVG

Buscar

Veciños dunha parroquia das Neves aseguran que levan case dous meses incomunicados

Publicado o 10/01/2018 14:25

Previsións nada tranquilizadoras para a parroquia de Santa Eulalia de Batalláns, no concello das Neves, que leva case dous meses incomunicada. Unha riada levoulles parte do acceso principal, e arestora non dan chegado nin autobuses nin ambulancias. 

En Santa Eulalia de Batalláns, no concello das Neves, teñen claro que despois da tempestade non sempre chega a calma. Tras a vaga de incendios que arrasou a zona no mes de outubro, a parroquia leva dous meses incomunicada polos efectos dos temporais. Unha riada levou por diante parte da estrada principal de acceso que permanece cortada.

A forte chuvia arrastra a cinza e a leña queimada e os regueiros acaban por se converteren en auténticas riadas. Para chegar ata a zona alta, a veciñanza utiliza camiños secundarios que están nas mesmas condicións.

Este treito quedou bloqueado hai meses, pero aínda está sen reparar.

A chuvia non cesa e temen que o problema vaia a máis. Por iso, reclaman unha solución ao illamento de Santa Eulalia, que afecta máis dun cento de persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2018