CRTVG

Buscar

Veciños de Sisalde, en Ames, reclaman a retirada de cables de telefonía

Publicado o 08/10/2021 13:51

Habitantes de Sisalde, unha aldea do concello de Ames, preto de Bertamiráns, alertan do perigo que representan uns cables de telefonía pendurados a baixa altura enriba da pista de acceso ao lugar. Dín que levan así varias semanas. Xa estaban algo frouxos e un vehículo grande prendeu neles e aínda os descolgou máis. 

Este verán estrearon a senda peonil que comunica a aldea coa zona de Agro do Muíño, onde está o colexio público. Houbo que retirar varios postes que quedaban no medio e medio, pero non todo o paseo quedou despexado. Neste paso de peóns hai que esquivar dúas columnas. A obra incluíu a colocación de tubaxes para soterrar a rede de cables.

Desde o Concello aseguran que se puxeron en contacto con Telefónica un par de veces para que retire os cables dos postes e os soterre.


 

Noticias web

08/10/2021