CRTVG

Buscar

Veciños dunha aldea de Palencia reciben sobres anónimos con cartos

Publicado o 14/03/2019 21:55

O que lles imos contar deseguido abofé que é unha lotería, e ademais libre de impostos. Os veciños dunha pequena aldea de Palencia están recibindo nas súas casas sobres con cartos de forma anónima. Non saben quen nin por que. No que vai de mes, esa persoa tan altruísta leva xa repartidos máis de mil euros.

María Luísa é unha veciña de Villarramiel, unha aldea de Palencia. Como ela, moitos dos seus 800 veciños reciben desde hai 15 dias, sobres con cartos. Non hai un perfil do receptor: son homes e mulleres, persoas que o necesitan e outras que non tanto.

Os sobres, con 50, 70 ou cen euros, tampouco nisto hai un patrón, aparecen na caixa de correos, debaixo da porta ou na bicicleta.

O único que teñen en común é non saber quen pode ser este amigo invisible. Mentres se desvela o misterio, todos abren a caixa de correos cun pouco máis de ilusión.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019