CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Veciños dun casa de Coia levan anos convivindo as portas da sua casa cos cables do telefono tirados polo chan

Publicado o 02/01/2018 14:05

Os veciños dun inmoble de Coia levan anos convivindo ás portas do seu edificio co cableado telefónico tirado polo chan e pendurado sobre as árbores. A borrasca Ana empeorou a situación coa caída dunha árbore.

A veciñanza está cansa de protestar sen que Telefónica lles faga caso. Ademais o cableado nin sequera lles dá servizo a eles, senón a outras comunidades veciñas.

Este é o número dous da rúa Redondela en Coia. Os cables de Telefónica repousan sobre o chan e tamén están mal pendurados sobre algunha árbore. Este Nadal un familiar dunha veciña que chegou de noite e é moi alto lesionouse cun deles. Cos do chan tamén baten nenos, cans e persoas maiores.

O temporal Ana empeorou a situación coa caída dunha árbore da que penduraba o tendido. Dáse a circunstancia ademais de que este cableado non dá servizo a este edificio, senón a dous próximos, polo que nalgunha ocasión pensaron cortalo xa que ninguén lles fai caso.

Aos veciños sorpréndelles ademais que outras compañías telefónicas máis novas si que fixeron a instalación do cable baixo terra ou polo menos sen prexudicar as comunidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí