CRTVG

Buscar

Veciños dun barrio de Ferrol, fartos de tantas ratas, piden que se limpe a maleza

Publicado o 24/08/2020 14:20

Veciños do barrio de San Xoán, en Ferrol, quéixanse da proliferación de ratas de gran tamaño na zona, que, segundo explican, xa causaron máis dun problema.

Unha residente conta que un can que ía de paseo coa dona foi trabado na boca por un destes roedores, e outro veciño asegura que non é a primeira vez que entran nos garaxes e danan o motor dalgún coche en que se introducen.

A vía do tren atravesa este barrio ferrolán e gran parte do problema, explican, está nas marxes do trazado do ferrocarril, tomadas pola maleza, as silveiras e as matogueiras que dan acubillo aos roedores.

Isto, xunto con algúns terreos de titularidade privada que tampouco teñen un mantemento axeitado, fan que periodicamente as ratas tomen a zona. Os veciños din que o barrio está "abandonado" e que a limpeza por parte da Administración non é todo o frecuente que debería.

Segundo a asociación de veciños, o Concello comprometeuse a iniciar en breve a rozadura da maleza en parte deste barrio, onde residen uns 9.000 veciños.


 

Noticias web

24/08/2020