CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Veciños dos Remedios, en Ourense, piden medidas contra os estorniños

Publicado o 12/09/2017 14:23

Na zona dos Remedios, en Ourense, hai tantos estorniños que os veciños piden medidas para escorrentalos. Cada noite os paxariños invaden o parque, e, claro, deixan a súa pegada por todos os recunchos. A xente tamén se queixa do mal cheiro, e do ruído que provocan as aves.



Cando chega a tardiña esta é a imaxe. Centos de estorniños amoréanse nas árbores de varias zonas da cidade de Ourense pero sobre todo na zona dos Remedios. Un verdadeiro espectáculo que ten aos veciños bastante molestos. Din que enchen de excrementos todo o mobiliario.

Os excrementos acumulanse nos bancos, nos farois, nas papeleiras e queiman as plantas do parque. Pero para os veciños o peor é o intenso ruído que fan os paxaros de madrugada.


Dende o concello aseguran que o problema é puntual e cando se detecta un maior número de paxaros o servizo de limpeza redobra servizos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí