CRTVG

Buscar

Veciños do Porriño solicitan a retirada de mil toneladas de lindano que hai soterradas

Publicado o 07/12/2017 14:40

No Porriño queren que lles quiten xa de alí as 1.000 toneladas de lindano que teñen soterradas en varios sitios do concello. Hai moitos pozos afectados, e os seus propietarios non poden nin ducharse con esa auga, porque pode ser perigoso. Así que queren que se faga urxentemente un mapa de todas as posibles verteduras hai anos por camiños e leiras particulares.

Veciños do Porriño queren que se localicen, controlen e traten todos os residuos de lindano que hai esparexidos polo municipio. A aparición de restos deste pesticida tras unha obras de canalización ten moi preocupados os afectados. A auga de moitos dos seus pozos está contaminada e non poden empregala nin para beber, ducharse ou mesmo regar as leiras.

Os veciños solicitan a retirada dunhas mil toneladas de lindano que hai soterradas por diversos lugares do concello do Porriño. Os afectados queren que se realice unha cartografía de todos os lugares afectados por camiños e leiras. Demandan tamén a clausura de todas as fontes públicas ata que non se determine que non están contaminadas.

Os veciños afectados acaban de constituír unha plataforma cidadá para defender os seus intereses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017