CRTVG

Buscar

Veciños do Grove quéixanse polas consecuencias do abandono dunha residencia

Publicado o 22/10/2019 13:57

As instalacións do que ata hai oito anos foi unha residencia de maiores son agora unha fonte de queixas para os veciños da rúa Batalla de Lepanto, do Grove. Din que hai varias persoas que se refuxian aquí que ocasionan problemas.

"Algúns andan aí. Tres ou catro andan, polo menos.
-E ocasionan algunha molestia?
-Miña nai, hai veces que están aí a berrar noite e día. Agora xa deben durmir nesa ventá que ten a persiana levantada".

Quen fala é Francisco, veciño da rúa, e preocúpalle tamén moito a maleza da leira da vella residencia que invade a súa horta.

"Aí non houbo quen fixera mantemento para nada. O que temos agora toda esa maleza aí, que ten oito ou nove metros de alto por outro tanto de ancho e ao longo duns cen metros.

Xa fomos ao Concello e xa fixemos varias xestións, porque teño que andar a cortar todo por aí. Pero agora, quen pode cortar iso, terá que vir unha empresa que o faga.No Concello din que é do banco, pero... Agora puxeron un letreiro diante de que se vende, pero... O número é do banco".

Mentres tanto, a vexetación medra sen parar e a maleza xa sobe polo edificio da vella residencia grovense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019