Veciños do concello lugués de Muras denuncian os constantes ataques dos lobos ao seu gando
Veciños do concello lugués de Muras denuncian os constantes ataques dos lobos ao seu gando. Nunha leira da parroquia de Irixoa mataron unha egua e o seu poldro e feriron outros catro. Os veciños quéixanse de que as poboacións de lobos non paran de medrar e reclaman medidas.
Nesta leira de Muras xuntan o gando para localizar os animais feridos e facerlles as curas. Desta volta quedaron danados catro poldros e non saben se sairán adiante. Peor parados acabaron esta egua e o seu poldro, que foron completamente devorados polo lobos.
Os veciños sinalan que os lobos se achegan ás casas e andan sen medo a calquera hora do día. Hai quen mesmo ten as vacas e becerros sen poder pastar libres por medo aos ataques.
Os afectados din que a situación é insostible. Reclaman axudas das administracións e tamén que se concedan máis batidas para tratar de frear o aumento das poboación de lobos.